Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FOLGA EN SECUNDARIA

Acordos a prol da lingua incumpridos

"A Consellaría de Educación non cumpre os tratados internacionais nin os acordos do Parlamento e o Congreso". Así o anuncia Mocidade pola Normalización Lingüística que lembra que todas as leis que se promulgaron en defensa do galego no ensino estiveron precedidas de mobilizacións da comunidade escolar.

- 07:03 08/11/2006
Tags:

A sección xuvenil da Mesa insiste na importancia das leis que regulan a presenza do galego e outras linguas no ensino. No ano 95 aprobouse o Decreto 247/95 e no 2001 a Carta Europea das Linguas, un tratado internacional de obrigado cumprimento que garante, por exemplo, o dereito de todos os galegos e galegas a recibiren o ensino na lingua de Galiza.

Porén, segundo denuncia Mocidade pola Normalización, a Consellaría de Educación non fai caso ás advertencias do Consello de Europa sobre a non aplicación desta lei en Galiza. O plataforma tamén sinala que o Parlamento galego aprobou por unanimidade un Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e que "iniciamos un novo curso sen que a Consellaría aplicase aínda ningunha das medidas reflectidas no Plan".

Agárdase un forte apoio
Iria Taibo, responsábel nacional das Mocidades da Mesa, mostrou o seu "agradecemento e recoñecemento a toda a creatividade e entusiasmo que centos de estudantes de toda Galiza están a mostrar en favor deste paro estudantil". Taibo sinalou que "aínda que desde as Mocidades da Mesa inicialmente só convocamos ao colectivo estudantil a un paro, temos que salientar a programación espontánea de concentracións en localidades como A Coruña, Lugo, Viveiro, Arzúa, Verín ou Allariz".


0/5 (0 votos)