Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CATRO ANOS DESPOIS, O 'DÍA DA DIGNIDADE'

Nunca Máis convoca os cidadáns "para que outro Prestige non se repita"

"Outro Prestige aínda pode repetirse", advirte a Plataforma Nunca Máis ao tempo que convoca unha manifestación para o día 12 de novembro ás 12h en Santiago. Animando aos cidadáns a participar na mobilización chega tamén á rede un vídeo co lema "O día da dignidade".

- 14:03 07/11/2006
Tags:

Segue existindo un alto risco no tránsito marítimo; Galiza non posúe un Plan de Continxencias propio; seguen sen determinarse os "Lugares Refuxio" e os Centros de Almacenamento: a escaseza de medios é evidente; non se controla eficazmente o Dispositivo de Separación de Tráfico de Fisterra; continúa a deterioración do noso medio mariño; permanece a débeda histórica do Estado, que non atendeu á súa obriga de protexer o litoral galego.

Velaí os argumentos principais cos que Nunca Máis subliña que "é obriga da sociedade galega lembrar que unha catástrofe marítima e medioambiental aínda é posíbel" e polo que se convoca unha manifestación para o día 12 de novembro ás 12h, que sairá da Alameda de Santiago.


Ligazóns

0/5 (0 votos)