"Galiza ten identidade propia e non é necesario copiar propostas nin fórmulas doutras comunidades", espuxo este luns o presidente do PPdeG. Alberte Núñez Feijoo insistiu en criticar as achegas de socialistas e nacionalistas e opinou que "sería un erro catalanizar a política galega". Paradoxalmente, se en tema de importacións a fórmula catalá non lle serve ao líder dos populares, Feijoo si se manifestou en favor de adoptar o modelo andaluz: "Galiza non pode ter menos que o consenso institucional en Andalucía", indicou. Ao fío, dixo ver risco de fenda no bipartito por ser "o BNG un dos poucos partidos que votou en contra do Estatuto andaluz". "O modelo de Estatuto de Galiza é Galiza", subliñou á fin, afirmando agardar que na reunión con Touriño o preámbulo do texto non sexa o debate principal.