Con máis do 60% do voto escrutado, o candidato da Fronte Sandinista de Liberación Nacional, Daniel Ortega, achégase máis á vitoria na primeira volta, obtendo o 38.6% dos apoios, moi por diante de Eduardo Montealegre, da Alianza Liberal Nicaragüense, que obtén o 30.9% dos votos. O vencedor precisa o 40% do total de votos ou ben un mínimo do 35% e unha vantaxe de cinco puntos sobre o segundo máis votado para evitar a segunda volta e ser proclamado presidente.