Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMPROMISO DO GOBERNO CENTRAL CO BNG

Os funcionarios estatais deberán usar o galego se o piden os cidadáns

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Rodríguez, conseguiu que o ministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla, se comprometese a que o Estatuto do Empregado Público recolla o deber dos funcionarios do Estado de empregar o galego, de forma oral e escrita, cando os cidadáns así o demanden.

- 13:45 03/11/2006
Tags:

Logo de conseguir este compromiso, o deputado nacionalista retirou a emenda á totalidade que tiña presentada contra o proxecto de lei do Estatuto do Empregado Público. Rodríguez criticaba "a falta de respecto cara á pluralidade lingüística do Estado español". O parlamentario lembraba que os cidadáns teñen dereito a que a Administración os atenda na súa lingua por oral e escrito, pero isto é papel mollado se non é un deber para os funcionarios". Sevilla retrucoulle que non haberá ningún problema para que a pluralidade lingüística quede reflectida no novo documento.

Non obstante, Francisco Rodríguez criticou que o Ministerio de Administracións Públicas excluíse á CIG no proceso de negociación do Estatuto e que o texto "inclúe gran cantidade de factores retributivos arbitrarios e subxectivos" e non contempla o control sindical da transparencia dos órganos de selección de persoal, entre outros aspectos.


0/5 (0 votos)