Agárdase que a xuntanza este xoves do Consello da Xunta bote adiante os proxectos de Lei de Policía de Galiza e de Lei de Coordinación de Policías Locais, que poderán así iniciar un trámite parlamentario que levaría á súa aprobación a mediados de 2007, permitindo que o corpo policial entrase a funcionar como tal un ano máis tarde. De xeito concreto, os orzamentos para o próximo ano inclúen a ampliación da Academia Galega de Seguridade co obxectivo de que poida asumir a formación dos novos axentes. Con todo, desde a consellaría de Presidencia reducen inicialmente a ambición da iniciativa, indicando que as novas normas deberán entenderse como marco lexislativo dentro do cal o bipartito decidirá até onde quere chegar co desenvolvemento da nova Policía Galega, en función tamén das negociacións competenciais co goberno do Estado.