"Este texto nin trae nin leva tentacións separatistas nin afáns soberanistas". Esforzábase este luns en subliñalo o líder do PP andaluz, Javier Arenas, despois de que o seu partido aceptase a introdución dunha expresión de nacionalidade fronte á que a dirección do seu partido se veu opoñendo con belixerancia. A redacción acordada na comisión constitucional do Congreso recolle no preámbulo que "o Manifesto Andalucista de Córdoba describiu Andalucía como realidade nacional en 1919, cuxo espírito os andaluces encarreiraron plenamente a través do proceso de autogoberno incluído na nosa Carta Magna". Para conseguir o acordo, introduciuse tamén que hoxe a Constitución "recoñece Andalucía como unha nacionalidade no marco da unidade indisolúbel da nación española". Desde o Partido Andalucista rexeitan o acordo e critican a obsesión polas continuas referencias a España. Poden ampliar en Andalucía 24 horas e Diario Sur.