"Esta situación era previsíbel como consecuencia da gran deforestación sufrida no verán", avaliou este luns César Pérez Ares, deputado do PPdeG, despois de visitar este domingo varias zonas onde Protección Civil tivo que intervir debido ao temporal. Ares anunciou a presentación no Parlamento dunha iniciativa para instarlle á Xunta a que "habilite unha liña de axudas para paliar, con carácter inmediato, os efectos das choivas que tiveron lugar este fin de semana e que ocasionaron un volume importante de danos, tanto en infraestruturas e bens de utilidade pública como en vivendas e bens de particulares".