Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONFIRMA QUE EMPREGOU BOMBAS DE FÓSFORO

Israel recoñece que usou no Líbano armas prohibidas

"O exército israelí usou explosivos de fósforo durante a guerra contra Hesbulá cando realizou ataques a brancos militares en campo aberto". Vén de explicalo o ministro israelí para as Relacións co Parlamento, Iacob Ederi, confirmando a veracidade das acusacións feitas polo goberno libanés despois dos ataques recibidos en xullo e agosto pasado. Médicos do sur libanés denunciaran que algunhas feridas atopadas en civís, nenos incluídos, semellaban claramente estar causadas por ese tipo de armamento, prohibido pola Convención de Xenebra. Desde Israel deica agora só se admitira o seu uso como iluminación para a detección de obxectivos.

- 06:50 23/10/2006
Tags:


0/5 (0 votos)