Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PLAN DE CONTINXENCIAS NA AXENDA

Catro anos despois de afundir o Prestige habería plan anticontaminación antes de 2007

Cara a finais de 2006 estaría listo o Plan Integral de Contixencias que establecerá "as estruturas organizativas e os procedementos básicos de actuación" en casos de loita contra a contaminación, fixando un protocolo de coordinación co plan estatal e a forma de actuación segundo a procedencia da contaminación. Incluirá así catálogo de recursos específicos fronte a situacións de loita contr a ccontaminación no mar, e establecerá zonas de risco e actuación. Segundo os prazos manexados pola Xunta, chegará pasados os catros anos desde o inicio da crise do petroleiro Prestige.

- 07:00 17/10/2006
Tags:

Traballan no plan as consellarías de Medio Ambiente, Pesca, Presidencia, Traballo e Política Territorial, segundo explicou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, logo de asistir este luns a un simulacro de atención a un vertido de hidrocarburos na ría de Betanzos que incluiu o despregue de barreiras anticontaminación. Foi de feito o primeiro exercicio conxunto de Xunta e Fomento desde que se asinou o convenio de colaboración en materia de salvamento marítimo, loita á contaminación e seguridade no ámbito pesqueiro, en setembro de 2005.

Touriño quixo destacar a existencia xa de cinco remolcadores en servizo e a posta en marcha doutr máis a partir do mes que vén. Repasou ademais a dispoñibilidade de tres helicópteros e un avión asociados ao Plan de Salvamento Marítimo, con tripulación dispoñíbel en quendas durante as 24 horas do día. Subliñou ademais a existencia de nove bases operativas ao longo da costa e dunha base loxística de mergulladores insistindo en que Galiza "ten maior capacidade de reacción fronte a situacións de crise como a vivida no Prestige".


0/5 (0 votos)