Logo das dúbidas consideradas en días pasados, a primeira confirmación oficial sobre a natureza nuclear da proba realizada por Corea do Norte hai unha semana chegou este luns logo de que os Estados Unidos amosasen datos da análise recollida por un avión espía no aire zona, equipado con instrumentos especiais para esa fin. Segundo parece, confirmaríase tamén que mala todo o ensaio atómico subterráneo foi dunha cantidade inferior a un kilotón. E ao tempo que a secretaria de Estado do goberno Bush, Condoleezza Rice, fai xira por China, Xapón e Corea do Sur co obxectivo de garantir o cumprimento das sancións económicas e armamentísticas impostas a Corea do Norte, xaponeses e surcoreanos advirten dos presuntos preparativos norcoreanos para unha nova proba atómica.