Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Romeu avoga por un acordo que arranxe o conflito sobre o nome da Coruña

O conselleiro de Presidencia, José Luís Méndez Romeu, defendeu un acordo político que arranxe dunha vez o conflito polo topónimo da Coruña. Nun almorzo organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), Romeu dixo que é necesario un pacto político xa que "é malo, logo de 25 anos de Autonomía, manter conflitos destas características que non se corresponden co sentir dos cidadáns". O conselleiro fai estas declaracións unha semana despois de que o Tribunal Supremo fallase que a única denominación válida é a galega.

- 16:36 16/10/2006
Tags:

Méndez Romeu asegura que xudicializar o debate toponímico "non levou a ningunha mellora". Segundo o político coruñés, "a estas alturas estamos en condicións de procurar fórmulas cómodas de convivencia, de tolerancia, que non lesionen ningún dereito ou opción lingüística pero que ao mesmo tempo eviten transformar en controversias asuntos da convivencia cotián". Segundo Romeu, existen solucións "sinxelas" que se teñen aplicado noutras zonas do Estado.

As palabras do conselleiro prodúcense despois de que A Mesa pola Normalización Lingüística acusara a Pérez Touriño de consentir que o Concello da Coruña vulnerase a legalidade. As palabras de Romeu son especialmente significativas. O agora conselleiro foi un dos homes claves nos gobernos municipais de Francisco Vázquez, o rexedor que defendeu ata a extenuación o topónimo en castelán.


Ligazóns

0/5 (0 votos)