Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACTO DO SENADOR E EX PRESIDENTE GALEGO EN ANDALUCÍA

Apupos a Manuel Fraga nunha conferencia na Universidade de Granada

"España e futuro" foi título da conferencia pronunciada este luns na Universidade de Granada polo ex presidente da Xunta Manuel Fraga, que foi convidado a inaugurar o curso na Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía. Durante a súa presentación, a cargo da decana, Margarita Latiesa, xa se iniciaron os berros que cualificaban ao conferenciante de "asasino" e "fascista". Os apupos continuaron cando tomou a palabra Manuel Fraga, que interrumpiu o discurso para asegurar: "se hai algo que nunca fixen foi asasinar a ninguén". A continuación, axentes de policía botaron fóra da aula a varias das persoas que increparan ao ex ministro de Franco, e posteriormente, a conferencia trasladouse ao salón de graos da Facultade.

- 14:49 16/10/2006
Tags:


4/5 (2 votos)