Axentes dos servizos secretos do goberno estadounidense entraron este mércores no centro escolar McClatchy, na cidade californiana de Sacramento e, sen sequera pedirlles permiso aos pais, obrigaron á rapaza de 14 anos Julia Wilson a saír da aula de bioloxía para sometela a interrogatorio durante un cuarto de hora. Presuntamente, a moza participara no debate dunha web que incluía caricaturas do presidente dos EUA, George W.Bush, protestando contra a súa política e sobre a guerra de Iraq. Noutro episodio máis de excesos coa escusa antiterrorista, segundo parece, a colocación da frase Kill Bush á beira dunha imaxe cun coitelo atravesando a man do presidente, convertiu a Julia en potencial "ameaza terrorista". Poden ampliar no Sacramento Bee.