O bangladexí Muhammad Iunus e o Banco Grameen, creado por el, levaron a partes iguais o premio Nobel da Paz "polos seus esforzos para crear desenvolvemento económico e social dos máis desfavorecidos, un xeito de avanzar na democracia e nos dereitos humanos. Iunus, de 64 anos e coñecido como "o banqueiro dos pobres", creou nos anos 70 o concepto económico dos microcréditos, un sistema baseado en criterios éticos e altruístas para desenvolver a capacidade emprendedora dos máis pobres. Nos últimos 20 anos o seu banco concedeu préstamos a máis de seis millóns de persoas. A maioría deles foron concedidos a mulleres, a metade das cales lograron saír da estrema pobreza. Iunus vén de asinar unha alianza coa Cruz Vermella para instroducir o sistemas dos microcréditos en toda África na vindeira década.