Unha vez máis o Youtube achéganos a ligazón curiosa da semana. Desta vez, trátase dun vídeo no que traballadores do parque temático Eurodisney simulan manter relacións sexuais disfrazados de personaxes da compañía. O escándalo salpica á, ata agora, impoluta figura de personaxes como Minnie e Mickey Mouse, Goofy e incluso as ardillas Chip e Chop. Segundo fontes da compañía, "o comportamento mostrado no vídeo é inaceptábel e inescusábel" e aseguran que xa se tomaron "as accións apropiadas" contra os traballadores. Se Walt Disney foxe desconxelado�