Os compradores de Fadesa manifestáronlle hoxe ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que teñen a intención de que a sede da empresa construtora permaneza na Coruña. Os dous empresarios que presentaron a OPA amistosa pola empresa galega: o madrileño Fernando Martín, presidente de Martinsa, e o andaluz Antonio Martín Criado, de Agosuier mantiveron un almorzo co máximo dirixente galego. Na mesma xuntanza estiveron presentes o conselleiro de Economía, José Ramón Fernández, e o alcalde herculino, Javier Losada. As partes, logo dunha reunión de case catro horas, tamén mostraron a disposición a estudar novos proxectos en Galiza.