Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PARLAMENTO ENDURECEU HAI UNS MESES AS PENAS POLO CONSUMO DE ESTUPEFACIENTES

Un de cada tres deputados italianos drógase, segundo un programa de televisión

O haxix e a cocaína forma parte da dieta de un de cada tres deputados do Parlamento italiano. Así o anuncia o programa da televisión Le Iene, da canle berlusconiana Italia 1, que na noite deste martes emitirá unha reportaxe sobre o consumo de estupefacientes dos parlamentarios. A investigación baséase na proba drug-wipe, que foi realizada aos deputados durante as sesións de maquillaxe para a gravación dun inexistente documental. Segundo o programa, os nomes dos deputados que deron positivo non se farán públicos pero se asegura que o porcentaxe dos que consumen drogas é dun 32 por cento. Só hai uns meses que o Parlamento endureceu as penas polo consumo de estupefacientes.

- 15:33 10/10/2006
Tags:


0/5 (0 votos)