Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESCÁNDALO NA IGREXA

Rouco Varela terá que comparecer no caso dun crego acusado de pederastia

Un caso de abusos sexuais, que presuntamente aconteceu na parroquia madrileña de Santo Domingo de Guzmán, está erguendo unha polémica con poucos precedentes no estado. O crego Rafael Sanz, de 73 anos, está sendo xulgado este mes baixo a acusacion de abusos a un menor. O arcebispo, o galego Antonio María Rouco Varela, tamén ten que comparecer diante dos tribunais. A acusación, representada pola organización Iglesia sin Abusos, considera que a xerarquía eclesiástica quixo encubrir os feitos para que non trascendesen á opinión pública e non pasasen polo cribo da xustiza. Rafael Sanz está acusado de terlle tocado os xenitais e intentar penetrar a un neno que naquel entón tiña doce anos.

- 09:27 10/10/2006
Tags:

Rouco Varela non vive os seus mellores tempos como xerarca da igrexa. Un crime acontecido entre os anos 1998 e 2001 na parroquia de Santo Domingo Guzmán pode truncarlle a súa meteórica carreira. A asociación Iglesia sin Abusos considera que o relixioso galego e outros xerarcas do Arcebispado, unha vez coñecido o escándalo, intentaron minimizar o impacto social do mesmo. Para iso, segundo este colectivo, quixeron amañar o asunto desde dentro e evitar así a xudicialización e coñecemento público do crime.

Segundo a acusación particular, os abusos terían acontencido na sacristía do templo. O acusado protagonizaría encontros coa vítima de doce anos, co consentimento dos pais, para axudarlle coas tarefas escolares ao neno. O rapaz sufría unha dislexia. Rafael Sanz negou todas as acusacións diante do tribunal. Asegurou que estaba co neno na sacristía porque alí se atopa o computador.

A acusación solicita sete anos de prisión para o párroco e que se indemnice á familia con 90.000 euros. Tamén esixe que se pene á cúpula eclesial, pola súa responsabilidade civil, por "criar obstáculos para a investigación". Se finalmente esto se producira, a igrexa só pode ser sancionada con multas e aperturas de expedientes. É a primeira vez que a igrexa, como institución, ten que responder por unha actuación criminal.

Sexa como for, o caso está tendo moita expectación internacional. Empresas como a BBC cubren extensamente a noticia para países como Portugal ou Brasil. As referencias mediáticas dentro do estado español a este feito son moi escasas. No 2004, a cadea radiofónica Ser deu en exclusiva que estaba presentada unha denuncia contra o relixioso e que na familia do neno había malestar pola postura do arcebispo no caso.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: