Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"RISCO DE DISCRIMINACIÓN ENTRE MENORES"

O xuíz ordena a suspensión do anuncio da Plataforma pro seleccións catalás

Só dúas semanas despois da súa estrea, o polémico anuncio da Plataforma pro seleccións catalás terá que deixar de ser emitido por mor dunha resolución xudicial. O xulgado do Contencioso-Administrativo número 9 de Barcelona ordenou a suspensión inmediata da emisión do anuncio por considerar que podería fomentar comportamentos "discriminatorios" entre os menores, provocando así "danos e prexuízos" de "difícil restauración".

- 16:58 05/10/2006
Tags:

Deste xeito, o xuíz, aínda que non se pronuncia sobre o fondo do recurso presentado por Ciutadans de Catalunya, admite a solicitude realizada polo partido político logo de que o Consell de l´Audiovisual de Catalunya desestimara a súa demanda.

O xuíz considera que "concorren razóns de urxencia que aconsellan neste momento a suspensión da emisión" do anuncio sobre todo, polo feito de que estea protagonizado por nenos, o que converte os menores en "principal público ao que vai dirixido".

Segundo o xuíz, "é preciso ser especialmente coidadoso e sensíbel en relación aos mensaxes que este tipo de anuncios transmiten" xa que "non se pode negar que os protagonizados por menores atraen principalmente a atención" de estes.

O contido do anuncio "podería fomentar entre os nenos comportamentos discriminatorios en canto á participación na práctica dun deporte polo feito de portar un tipo ou outro de camiseta cando é sobradamente coñecido, a pouco que se saiba de fútbol, o que a cor dunha e outra representan".

Segundo o xuíz, "os danos e prexuízos que poderían causarse serían evidentes e de difícil restauración, dados os efectos que poderían producir nos destinatarios".


Ligazóns

0/5 (0 votos)