Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE NUCLEAR

Corea do Norte anuncia que probará a bomba atómica polo temor a unha agresión dos EE.UU

O Ministerio de Asuntos Exteriores de Corea do Norte anuncia que este país vai levar a cabo unha proba atómica debido ao temor a que a ofensiva diplomática do goberno Bush acabe nunha intervención armada. O departamento ministerial coreano considera que a ameaza dos Estados Unidos é "moi grave" e por iso se resolveu tomar medidas disuasorias. A decisión do goberno comunista foi recibida con moito temor por países como Corea do Sur, Australia ou Xapón. Os servizos secretos americanos consideran que o país asiático ten capacidade nestes momentos para xerar unha ducia de bombas atómicas.

  • Anterior: Hugo Chávez critica o cinismo de moitos países neste conflito

- 13:00 03/10/2006
Tags:


0/5 (0 votos)