Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CARA Á XII ASEMBLEA NACIONAL DO BNG

Camilo Nogueira volverá presentar unha candidatura alternativa a Quintana

O ex eurodeputado do BNG Camilo Nogueira, anunciou onte que está a impulsar unha candidatura alternativa ao Consello Nacional da fronte que se elixirá na XII Asemblea Nacional os días 2 e 3 de decembro. Con ela quere "renovar o Bloque desde a esquerda democrática", ao considerar que a actual dirección é unha "mestura de rexionalismo e sectarismo". Nogueira tamén pretende corrixir a perda de hexemonía política do BNG nos dous últimos anos, e así cre que a presentación desta alternativa servirá cando menos para promover a reflexión e o debate nunha militancia que di "anestesiada". A nova candidatura presentarase oficialmente o 7 de outubro e conta con aglutinar correntes como a de Esquerda Nacionalista, a desaparecida Unidade Galega ou os non adscritos. Aínda non está claro quen vai encabezar a lista, pero Nogueira confía nas posibilidades da alternativa nun escenario que cre que é máis desfavorábel para Quintana ca no 2003, cando o actual portavoz venceu a candidatura de Nogueira con tres cuartas partes dos votos.

  • Anterior: A fin do asemblearismo decidirase na asemblea.
  • O compás do BNG, mar de vento ou mar de fondo?, dossier de Vieiros sobre a XI Asemblea Nacional do 2003.

- 09:14 21/09/2006
Tags:


0/5 (0 votos)