Pasada a primeira alarma pola contaminación do río Umia tras o incendio na factoría química Brenntag, os veciños de Caldas aínda non deixaron de sufrir as consecuencias: o concello publicou este luns un bando no que avisa a poboación de que non consuma auga da billa nin para beber nin para cociñar, pois as últimas análisis reflicten un índice moi alto de cloriformes derivados de refugallos fecais. Segundo comentou o alcalde en declaracións á Radio Galega, a depuradora desbordouse polos altos niveis de contaminación que produciu o estancamento de refugallos fecais logo de que se tivese que pechar o cauce do río para a limpeza do vertido tóxico. Até o vindeiro xoves non se realizarán máis análises, polo que o consumo de auga seguirá restrinxido cando menos até entón.
Anteriores: