Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O VETERINARIO QUE O DENUNCIOU SOFRE O ACOSO DOS VECIÑOS

Malla nos cans e recibe o apoio de toda a vila

As imaxes da brutal agresión que un veciño de Ribeira propinou hai dous anos aos seus cans protagonizaron nos últimos días os telexornais estatais. Malia isto, a noticia non é en si o vídeo, se non a reacción de toda a vila de Aguiño, que apoia sen fisuras o maltratador. No 2004, logo da morte dun dos dous cans, a sentencia xudicial condenou a Xoán Lado a pagar unha multa de 6.000 euros. Agora o veterinario que gravara as imaxes daquela o acusa de continuar coas agresións con dous cans novos. O denunciante, sufre agora o acoso de todos os veciños da vila. Ao mesmo tempo, a asociación Abeiro anunciou que canalizará as denuncias anónimas neste tipo de casos.

- 09:52 14/09/2006
Tags:

Hai dous anos, Federico Real denunciou a un veciño de Aguiño polos agresións que este lle propinou os seus cans. Real, que é veterinario, aportou como proba un vídeo no que se podía ver con claridade como Xoán Lado, o dono dos cans, os maltrata ata matar a un deles. Daquela a sentenza obrigou o acusado a pagar unha multa de 6.000 euros. Dous anos despois, acusado e denunciante vólvense a ver as caras nos xulgados de Ribeira nun xuízo de faltas. O veterinario aproveitou a ocasión para denunciar que o seu veciño segue a practicar agresións cos dous cans que adquiriu hai uns meses e difundiu as súas gravacións de hai uns anos.

Malia isto, a veciñanza de Aguiño xa ditou a súa sentenza e acusa a Real de ser o causante do enfrontamento entre ambos. Na mañá do mércores varias decenas de veciños achegáronse ata os xulgados de Ribeira para increpar ao veterinario e mostrar o seu apoio a Lado. O sentir dos veciños é que o acusado leva máis de trinta e cinco anos na vila e que "só tivo problemas co veterinario ". Pola súa parte, Xoán Lado agradeceu o apoio da xente e acusou a Real de mentir.

A asociación Abeiro denunciará estes casos
A Asociación pola protección animal ‘Abeiro’ vén de manifestar a súa máis enérxica condena ante a brutal agresión protagonizada polo veciño de Aguiño. A asociación mostra o seu apoio e solidariedade co veterinario a anima a todas as persoas que coñezan casos de malostratos a animais a que os denuncien.

Así a asociación ofrécese a persoarse como acusación nos casos nos que o denunciante non o quera facer por miedo a represalias. Abeiro fai público o seu teléfono 981575957 onde informarase nos pasos a seguir de querer denunciar de xeito anónimo unha agresión como a de Aguiño.


0/5 (0 votos)