"Non parece que estas diferencias teñan a suficiente entidade para xustificar unha decisión xeral dos Concellos do PP de non asinar os Convenios, sobre todo pensando en que, se houbera, como o ano pasado, moitos lumes, a Xunta intentaría responsabilizar ao PP ante a opinión pública por esta decisión. Polo tanto, proponse a seguinte estratexia, baseada na dilación pero non na negativa". Así o recolle a "Proposta de Actuación" que a dirección coruñesa do PPdeG lle achegou aos rexedores do seu partido, de cara a manexar politicamente a rifa coa consellaría de Medio Rural polos convenios para a contratación de brigadas de incendios. Velaquí poden consultar en formato .pdf o documento completo.