Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FORA UNHA INICIATIVA INDIVIDUAL DO CONCELLEIRO DE INDUSTRIA

O equipo de goberno de Carballo descarta optar a ser almacén nuclear

De "iniciativa desafortunada" realizada ademais por un concelleiro "a título individual" cualificou o propio alcalde de Carballo, o nacionalista Evencio Ferrero, a solicitude de información realizada semanas atrás polo responsábel de Industria do municipio, Xoán Francisco Pérez Ferreiro, integrado no Centro Democrático Independente. Con todo, o propio Ferreiro recoñeceu que logo da solicitude comprobou a oposición á idea no seu propio contorno próximo e renunciou hai xa tempo a seguir valorando a posibilidade de optar ao almacén nuclear. Por outra parte, os tres grupos parlamentarios, PpdeG, PsdeG e BNG, veñen de apoiar a iniciativa presentada polo Bloque para pedir a declaración de Galiza como "territorio desnuclearizado", o que impediría calquera emprazamento deste tipo no país.

  • Anterior: Carballo pide información sobre o cemiterio nuclear

- 09:03 07/09/2006
Tags:


0/5 (0 votos)