Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NON GARANTE QUE SE VAIAN PECHAR

Bush recoñece que os EUA teñen cárceres secretos

Foron cando menos un cento de presos os que oficialmente recoñece o goberno dos Estados Unidos que pasaron polas prisións secretas que ten en todo o mundo. Segundo o presidente George W.Bush, 14 presuntos líderes da rede Al Qaeda foron trasladados estes días desde eses centros até a base de Guantánamo, onde o exército dos EUA retén fóra da legalidade internacional a preto de medio milleiro de persoas. De paso, e malia que o Pentágono viña de publicar un novo manual onde aseguraba que se eliminarían as prácticas cualificadas de tortura por colectivos en defensa dos dereitos civís, Bush asegurou que o programa de detencións e interrogatorios secretos non se vai suprimir e pediulle apoio ao Congreso para a creación de "comisións militares xudiciais" que poidan actuar fóra das esixencias da Convención de Xenebra. "Somos unha nación en guerra e necesitamos información", dixo. Poden ampliar no Washington Post e naCNN.

  • Anterior: A investigación da Eurocámara atopa que a CIA usou o aeroporto de Peinador

- 06:53 07/09/2006
Tags:


0/5 (0 votos)