"É incríbel", comenta Brétemas na súa bitácora laiándose de que nin nos seus peores agoiros agardaba outra catástrofe así. "Non gañamos para disgustos", di Imeneo. Recomendámoslles tamén a reflexión de F.Míguez que advirte que Galiza avanzou no desenvolvemento industrial "sen querer mirar para os problemas medioambientais". De tóxicos e arquitectura reflexiona O Motarra, indicando que do vertido no Umia prefire non falar: "Outro ecocidio mais. Sintome traizoado e sinto miña terra desprezada". "O río da miña infancia morreu, acugulado de lembranzas, berros e chanzas de verán", láiase Folerpa. No Youtube poden ver ademais dous vídeos tomados despois da explosión, ás portas das instalacións e no contorno. Por outra parte, no Canal Verde poden ampliar sobre as reflexións da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza sobre o acontecido, ao tempo que anuncian que se presentarán como acusación particular no caso.