Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROBAS DO USO DE ARMAS QUÍMICAS E DE BOMBAS EN ACIO

A ONU acusa a Israel de utilizar armamento ilegal

"É sorprendente e completamente inmoral que o 90% do lanzamento destas bombsa acontecese nas últimas 72 horas do conflito, cando xa se sabía que había unha resolución para poñerlle fin á guerra". Referíase con esta acusación o subsecretario xeral para Asuntos Humanitarios da ONU, Jan Egeland, ao uso de bombas en acio no Líbano por parte do exército israelí. Egeland revelou que os técnicos das Nacións Unidas atoparon por todo o país milleiros deses artefactos sen estoupar deixados por Israel. Cada un deles componse á súa vez de ducias de pequenos explosivos que se estenden polo chan e poden causar a morte ou feridas graves até unha distancia de 15 metros.

- 07:38 31/08/2006
Tags:

Egeland denunciou que se ben a Convención de Xenebra non prohibe totalmente o seu uso, xa que o admite contra obxectivos militares, os explosivos deste tipo atopados polos investigadores da ONU están sobre todo en áreas civís, afectándolle a case catrocentos núcleos de poboación libaneses e nun número que podería chegar ás cen mil unidades.

As bombas en acio son especialmente perigosas porque conteñen ducias de explosivos máis pequenos, que ademais pola súa cor poden confundirse facilmente coa terra, con vexetación ou con pedras, e que unha persoa non está segura fronte a elas nun radio de ata trinta metros. Jan Egeland acusou ao exército israelí de sementalas por todo o país conscientemente do dano que provocarán, laiouse da dificultade para atopar e desactivar estas bombas e agoirou que despois do recente conflito poderían morrer milleiros de persoas debido a eses explosivos.


Ligazóns

0/5 (0 votos)