Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONFLITO LÍBANO-ISRAELÍ

Annan tenta consolidar o cesamento de fogo en Oriente Próximo

O secretario xeral de Nación Unidas, Kofi Annan, chegou este luns a Beirut onde comezará unha extensa xira por Oriente Próximo e o Medio Oriente. O principal obxectivo da viaxe de Annan é reforzar a implantación da resolución da ONU que aprobou o cesamento de fogo entre Israel e o grupo armado Hezbolá. Segundo o dirixente das Nacións Unidas, a situación no sur do Líbano aínda é moi "fraxil" e sinala ao "compromiso construtivo" de todas as partes como peza fundamental do éxito do proceso. As negociacións centraranse na solicitude do Líbano para que Israel levanten o bloqueo que se mantén en aeroportos e portos marítimos. Mentres, os hebreos esixe a garantía de que Hezbolá non se rearmará.

- 16:27 28/08/2006
Tags:


0/5 (0 votos)