Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMPARECENCIA NO CONSELLO DE COMUNIDADES GALEGAS

O BNG defende "unha política para a diáspora baseada nan igualdade e na transparencia democrática"

"O pobo galego foi desrgaciadamente experto en globalización, e hoxe en día temos unha diáspora que debemos dignificar, con políticas baseadas na democracia participativa, na legalidade, na igualdade e na transparencia", explicou Ana Miranda, representante nacionalista nesta oitava xuntanza do Consello de Comunidades Galegas.

- 07:06 25/08/2006
Tags:

"Os emigrantes non só merecen eloxios, merecen dereitos", subliñou. Ana Miranda referiuse así á "transparencia democrática" e á legalidade nos dereitos como claves para avanzar na recuperación do "orgullo perdido como nación galega".

A responsábel da Comisión Nacional de Emigración do BNG insistiu na necesidade do recoñecemento dos dereitos e deberes dos galegos que están fóra do país. Nese sentido falou do camiño cara a unha "Lei de Galegos e Galegas no Exterior", e chamou a que o agora aberto proceso de reforma estatutaria sirva para o establecemento de mecanismos reais para a atención aos emigrantes galegos. "É necesaria unha política activa e digna para a diáspora", reflexionou, chamando a que neste camiño se revise e substitúa a actual Lei da Galeguidade.


0/5 (0 votos)