Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
QUEIXA DE ADEGA

Unha traxedia debida a "transportes do terceiro mundo"

"A rede ferroviaria básica é o sistema mais económico de transporte, mais ten que estar actualizada e coidada. Non é necesario viaxar a altísimas velocidades, como a que representa o AVE, moi caro tanto en construción como en prezo para os usuarios. Pero na actualidade ningún tren dosclásicos viaxa a unha media de 100 ou 150 Km/hora, a que sería unha velocidade aceptábel para garantir unhas comunicacións eficientes". Así se pronuncian desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Adega, criticando que se estea a falar dun accidente por presunto exceso de velocidade, manexando en todo caso velocidades significativamente baixas. "Non podemos consentir que o problema se centre na culpabilidade do conductor", avisa o colectivo, chamando ao compromiso cos medios de transporte sustentábeis que, como o tren, os ecoloxistas galegos defenden.

- 12:21 22/08/2006
Tags:

"As comunicacións con Portugal, estratéxicas no desenvolvemento da nosa economía, son na práctica, inoperantes por via férrea. O camiño de ferro que
nos conecta con Francia e co resto de Europa é antigo e ineficaz. Polo que respeta aos transportes internos, impensábeis na Galiza senon é en autobús ou en coche", láianse desde Adega, denunciando que se xustifique que o tren non é rendíbel ao tempo que se deixa de investir no seu desenvolvemento.

Os ecoloxistas insisten en que é necesario apostar por un ferrocarril moderno, que sirva para o transporte de pasaxeiros e mercadorías e evitar o concepto de comunicación "radial central" por unha proposta de "rede" que sirva para unir as cidades galegas e para o reforzo das comunicacións entre Galiza e Asturias. "Estamos demasiado obsesionados pola construción de estradas, que teñen un alto custo ambiental, redeseñan o territorio e incrementan o gasto e a dependencia enerxética", láianse.

Segundo Adega, o recente sinistro pon de actualidade "outra vez" o que cualifican de "inferioridade en que se encontra Galiza en canto a comunicacións". "Disque ia a exceso de velocidade (apenas 60/hora!,pois tiña que ir a 30!). Non podemos consentir que o problema se centre na culpabilidade do conductor. A seguridade dos viaxeiros non pode depender dun posible fallo humano. Non nos tempos da informática, dos GPS, e da alta tenoloxia", critican.


Ligazóns

0/5 (0 votos)