Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MÁIS DE DOUS MILLEIROS DE HECTÁREAS AFECTADAS

Actuacións urxentes nos espazos protexidos afectados polo lume

Máis de 2 mil hectáreas da rede galega de espazos naturais protexidos "requiren a adopción de medidas inmediatas de prevención contra a erosión do solo así como de restauración e mellora de hábitats para as especies animais" despois da recente vaga de incendios. A consellaría de Medio Ambiente avanzou que áreas do Parque Natural de Corrubedo e de Monte Louro serán obxectivo das primeiras accións de rexeneración.

- 06:50 22/08/2006
Tags:

Corrubedo e Monte Louro son así puntos prioritarios para a rexeneración de hábitats e prevención contra a erosión dos solos, xa que desde Medio Ambiente consideran que as dúas zonas "requiren unha actuación urxente".

Desde a primeira semana de setembro, en Corrubedo tomaranse medidas inmediatas para evitar a erosión da superficie queimada, unas catro hectáreas, segundo a cifra provisional, e facilitar a súa recuperación. En Monte Louro, dáselle prioridade á recuperación dos muros xa existentes "para que actúen de contención fronte a posibles escorrentas", ao tempo que se abastecerá de alimentos á fauna que habitualmente se abastece neste espazo natural.

Este luns houbo unha xuntanza do director xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza, o xefe da demarcación de costas do ministerio de Medio Ambiente, Rafael Eimil, o director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural da Universidade de Santiago, Pablo Ramil, e outros expertos da institución compostelá. Nun primeiro momento estáse avaliando o alcance dos danos, cuantificando a superficie queimada e definindo en cada caso os medios de restauración máis axeitados e a priorización das zonas afectadas.


0/5 (0 votos)