Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
HOMENAXE AOS REPRESALIADOS

Recordo da Galiza Mártir no Ano da Memoria

Diante do monumento a Alexandre Bóveda na Caeira, en Poio, ten lugar este xoves o acto político do BNG en homenaxe aos mártires galeguistas asasinados na Guerra Civil. Na cerimonia estará tamén o presidente da Fundación Alexandre Bóveda, Fernando Quintela. Ao longo do día, o concello de Pontevedra acolle outros actos, no Pazo da Cultura e no camposanto de San Mauro. Ademais, o escritor Manuel Rivas e a vicepresidenta primeira do Parlamento, Tareixa Paz, lerán un texto diante da imaxe do galeguista na praza de Curros Enríquez. Tamén o Partido Galeguista organizou varias actividades neste día, onde lembran especialmente a Pedro Galán, "mártir das mocidades galeguistas", asasinado en setembro do 1936, ao pouco de cumprir 19 anos.

- 08:49 17/08/2006
Tags:

  • Informacións vencelladas:
    • O Barco da Memoria acada as 13 mil visitas no ecuador da súa travesía
    • Flor Baena: "Pido que se limpe o nome do meu irmán, non quero cartos"
    • Esquerda Unida volve pedir que se retire a simboloxía fascista
    • A Comisión pola Memoria da Coruña pídelle ao Concello que condene o golpe
    • Galiza lembra as vítimas da represión franquista con máis intensidade ca nunca
    • O Congreso declara oficialmente o 2006 como Ano da Memoria Histórica


  • "Ti eres lume vivo, acesa chama,/roita irreversíbel de futuro;/potente trebón que berra e crama,/home do pobo, asoballado e puro!". Velaquí un anaco dos versos adicados polo recentemente finado Manuel María ao galeguista Alexandre Bóveda. Hai xa 68 anos que o exército sublevado fusilou a Bóveda na Caeira, en Poio. Na memoria do deputado ourensán e do resto de vítimas republicanas da Guerra Civil celebramos o "Día da Galiza Mártir".
    • "Bóveda na Galiza do 2004", artigo de Justo Beramendi para Tempos Novos
    • Bóveda, a figura incómoda do nacionalismo: chat co historiador Ramón Villares.
    • Taramancos non esquece a Bóveda: transcrición dunha emisión do programa radiofónico arxentino 'Con vós', dirixido á comunidade galega.
    • Biografía de Alexandre Bóveda, manifesto, mp3 coa súa voz orixinal cantando coa Sociedade Polifónica de Pontevedra e conclusións do Congreso "A Galiza de Bóveda"
    • A guerra civil en Galiza: ligazóns na rede
    • Homenaxe en Galiza Espallada
    • Alexandre Bóveda como presente, artigo de Manuel Mera na web da CIG
    • Anterior: Amnistía insiste en poñerlle fin ao "silencio e a inxustiza de case 70 anos"


    0/5 (0 votos)