Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INICIATIVA PARA AS ESCOLAS

O mes que vén comeza a "Operación Carballo"

A idea inicia camiño entre os meses de setembro e outubro, coa recollida das landras e follas de carballo. Logo vén a plantación, entre os meses de outubro e novembro, poñendo as sementes nun envase con terra e algunhas das follas recollidas. Os plantóns haberán saír cara a primavera, e daquela chegará o tempo de ir poñelos ao recanto escollido, en montes, xardíns ou fincas. Despois desta vaga de incendios, velaí unha destacable recomendación, moi especialmente dirixida ás escolas do país. Toda a información sobre a iniciativa no Canal Ciencia, desde onde levan anos aplicándoa con moi bos resultados: "as árbores máis vellas xa dan sombra".

- 09:28 16/08/2006
Tags:


0/5 (0 votos)