"Non pode ser que os terreos que quedan en desuso se planten de eucaliptos ou piñeiros como única alternativa a que se enchan de silveiras", din no miccionario. "Nube negra destrúe floresta, patrimonio, liberdade dos cabalos, soños… Aprovéitase da aldea primitiva, esnaquizada polo autoodio, que non aprendeu a manexar o lume", contan na Rúa do Sol. "Non me veñan co contexto. O de que o monte arde porque non ten valor, porque xa non se vive del, porque non se limpa. Eso explica por que arde, pero non por que lle prenden lume", desafían en Si home si. Achegámoslles unha nova escolma do que se debate nos weblogs sobre a vaga de incendios.