"Galiza arde por todos os recantos. Máis dun cento de lumes preto de vilas, cidades e montes. Tres persoas mortas. O exército está axudando. Condutores retidos nas estradas. Sen camiño. As mafias incendiarias están queimando o país". O coñecido fotógrafo Delmi Álvarez achéganos unha mostra de imaxes tomadas durante a súa viaxe até Santiago de Compostela o pasado luns 7 de agosto.