O contorno do Val da Amaía e a zona das urbanizacións da Aldea Nova e do Bosque Animado, en Ames, foron algúns dos puntos nos que o lume chegou ao pé das casas durante a tarde do pasado mércores. No vídeo que lles achegamos, gravado por Quico Lorenzo Penelas, vemos a situación que padeceu o lugar, sito no Alto do Vento, no límite entre Ames e Compostela. Ademais, as lapas estiveron próximas a unha gasolineira e foi necesario baleirar os seus depósitos.