En proceso de redeseño do seu espazo na web, Arredemo, a que foi a rede cidadá herdeira da Burla Negra, protagonista de numerosas mobilizacións durante a crise do Prestige, abre en internet o sitio Arde Galiza, "que servirá de páxina de información, convocatoria e reflexión". Ao fío, lembran que para este mércores ás 20h30 hai convocadas concentracións, na Praza de Cervantes, en Compostela, e na rúa do Príncipe, diante do MARCO, en Vigo. Poden ver tamén Indymedia Galiza, e con interesantes recursos de consulta, na rede está aínda a bitácora Lume Nunca Máis. De paso, recomendámoslles tamén o sitio Poderemos co lume, posto na rede en xuño pasado por alumnos da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago. O que conta o blogomillo, comentarios e reflexións na bloguesfera, imaxes no Flickr, vídeos no Youtube, webcams, foros... Máis recursos no escáner de Vieiros.