Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DIRIXINME AOS POLÍTICOS E O ÚNICO QUE NON RESPONDEU FOI RAJOY

Flor Baena: "Pido que se limpe o nome do meu irmán, non quero cartos"

Neste ano da memoria e cando xa pasaron 30 do asasinato de Xosé Humberto Baena Alonso, a súa irmá lembra o procedemento e repasa como continuou a vida despois da morte. Falsas acusacións levaron a un rapaz de 24 anos "a morrer pola causa, xa que el era galeguista e republicano". No que respecta á lei aprobada o pasado día 28 de xullo, Flor Baena agarda que devolva a honra que lle quitaron ao irmán e a toda a familia, malia afirmar que aínda queda moito por facer.

- 11:41 04/08/2006
Tags:

Vieiros: O declarado como ano da memoria, estao sendo para Xosé Humberto Baena?
Flor Baena: Estamos seguindo o ano da memoria e participando activamente. De feito, escribin cartas a Zapatero, á vicepresidenta, a Rajoy, entre outros, e este último foi o único que non contestou. Os que responderon dixeron que van facer o posíbel porque sexa así. Se ben, esta primeira iniciativa lexislatva non foi todo o boa que se puidera agardar, aínda que teño entendido a través do mesmo persidente Zapatero que, de momento, non vai ser unha lei moi forte até o outono. Polo momento cortáronnos as ás por todos os lados e teño esperanza nesta lei, por iso lle pido ao presidente e a todos cos que puiden contactar, que declaren que os xuizos foran inxustos. Non quero indemnizacións pero que si recoñezan que os mataron inxustamente.

Fala do executivo estatal pero recibiu comunicación algunha desde o Goberno galego?
Polo momento solicitáronme unha carta que nos mandou o Rei en contestación a outra que lle escribira meu pai pedíndolle clemencia para meu irmán. Queren que ese documento participe nunha exposición que vai organizar a Xunta con orixinais producidos desde o 1936 até o 77, mostra coa que pretenden dar a coñecer como sucederon moitos acontecementos.

Cales foron os máis destacados actos de lembranza e procura de recoñemento para o seu irmán?
No 76 houbo un congreso dos partidos comunistas e invitáronnos para ver de demostrar a inocencia de meu irmán, aínda que só se falou de política e marchamos desencantados. A partir deso meu pai falou con avogados para reabrir o xuízo porque se lle practicara un consello de guerra e el non era militar. Nunca o conseguimos.
Outro dos camiños que tomamos foi o que iniciou a plataforma 27 de setembro con membros procedentes e vigo e madrid e doutras partes do estado. Están presentes bandeiras galeguistas e republicanas porque así era meu irmán, e acoden escritores galegos como Ferrin ou Suso Vaamonde, que era moi amigo del. Ao principio actuabamos case na clandestinidade, se ben, no 25 aniversario celebramos unha manifestación moi grande en Pereiró, e agora din que queren facerlle un monolito no instituto Santa Irene, do que se está a encargar Ferrín.

Estivo preso durante dous meses pero non era a primeira vez que pasou pola cadea, non é?
Detivérono en madrid, aínda que el estudaba na USC. Participou nunha sentada para reivindicar os dereitos dos estudantes, detivérono nunha carga policial e aplicáronlle antecedentes. Houbo xuizo e saiu absolto pero a pesar diso non llos retiraron. Seguiu estudando filosofía e letras pero non atopaba traballo. Nalgúns postos estaba admintido e ao saber do historial non o contrataban, asi que comezou a traballar como peón de fundición en Fumensa. Nunha manifestación do primeiro de maio, na que non participou, a policía disparou ao aire coa desgracia de que, un vixiante que se asomou para ver como se desenvolvía recibiu ese disparo, que o matou. Trece amigos fixeron unha colecta e puxeron unha esquela no Faro de Vigo co texto "morto por neglixencia da forza pública". Para iso tiveron que presentar os carnés, co que a policía comezou coas detencións ao coñecer as identidades. Meu irmán dixo que non quería pasar polas palizas da policía e levárono uns amigos a portugal, aínda que rematou a súa viaxe en Madrid.

Cal foi o delito polo que condenaron a Humberto Baena?
Acusárono de ser autor material da morte dun policía e, a pesar de que dixeron que ían 5 e eran de Vigo, el non coñecía a ningún. Cando o detiveron non estaba en Madrid e nin a proba de balística admitiron. Incluso as testemuñas presenciais desbotaron. De feito, unha señora que declarou que veu como mataban o policía afirmou que o que o fixo non se parecía en nada a meu irmán, porque el era delgado e alto e tiña o pelo longo e lentes, case até os ombreiros, e o culpábel era corpulento e co pelo curto. Nin o labor dos avogados puido facer nada.

Pasaron 30 anos de tribunal en tribunal
Así é. A lei antiterrorista firmouse cando el estaba detido e non podían xulgalo por iso. Ao morrer meu pai, miña nai fíxolle un poder a Doris Benegas para reabrir o proceso, para o que alegou no tribunal militar de madrid, que rexeitaron por defecto de forma. Logo si o aceptaron pero dixeron que prescribira, asi que fomos ao constitucional e tamén veu rexeitada. Fomos tamén á Haia pero dixeron que como España on tiña firmado os dereitos humanos daquela, fixoo no 77, non podían facer nada e agora vai no de Estrasburgo. Até agora non houbo ningunha sentenza ao seu favor. Todos se desentenden pero é unha morte e como vai prescribir iso! O que queremos é que lle devolvan a honra.

Como se desenvolveron os feitos do 27 de setembro?
Foi como un pesadelo. Cada fin de semana saiamos a Madrid en tren e víamolo 20 minutos os sábados ás 12 da mañá sen sentar, a pleno sol, e estivo durante dous meses prendido. O venres 26 meu pai recibiu unha chamada do avogado dicindo que o fusilaban ás seis da mañá do sábado e o consello de ministros fora ese mesmo día, no que firmaron as penas de morte. Dixo que el morría inocente pero que meu pai non se preocupara e que el morría non desesperado senón como galeguista e que morría pola causa. Asasinárono en Hoyo de Manzanares e non deixaron subir os familiares, só o viron algúns periodistas desde lonxe, varios militares e un cura.

A desinformación houbo agravar o caos que viviron nos últimos días da vida de Xosé Humberto
Meu irmán mais vello e meu pai estiveron no Porto durante tres días para darlle o pasaporte. Logo el foi para madrid. Cando o acusaron de matar o policía el estuvo en portugal e iso quedou reflctido no rexistro da pensión e no o psaporte. Non sabía por que o ditiveron e pensaba que era polo de vigo. O papa pedíu por el, así como todas as nacións, para que lle conmutasen a pena. Eran un total de 13 detidos procedentes de Madrid, Burgos e Barcelona condenados en varios xuizos. Indultaron a sete, casados e con fillos. Mataron 3 Madrid e 2 en Burgos. A muller dun deles estaba embarazada pero matárono igual para que non dixeran que franco mataba a pais de familia.

Como realizaron o traslado de volta a Galiza?
El estivo 8 días enterrado en Madrid e trouxémolo as agochadas. A policía enterouse e en Puxeiros secuestrárono depois de morto. Meu pai pagou todo o traslado e quedou coa funeraria ás 12 nesa localidade. O conductor chegou antes de tempo e á policía debéronlle avisar desde Madrid, co que se achegaron e un deles apuntouno a punta de pistola dicíndolle que tiña queenterralo inmediatamente cemiterio de Pereiró. Meu irman e miñas tias subían buscar a meus pais e viron un coche fúnebre escoltado pola policía. Chegaron xusto para o soterramento e non querían deixar entrar a meu pai. Dixo que o mataran pero que el entraba. E entrou, pero os demais non puidemos. Até eso nolo quitaron.


Ligazóns

0/5 (0 votos)