Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O CONCELLO CONSEGUE ATENCIÓN PARA AS DEMANDAS DE INVESTIMENTO ÁS ADMINISTRACIÓNS

Os veciños de Peque non queren o almacén nuclear

"Si á vida e non aos cartos" ou "Alcalde, non nos vendemos" foron lemas de carteis co que un cento de veciños do lugar de Peque, con apenas 175 persoas censadas, saían á rúa este xoves para manfiestar a súa oposición á solicitude de información realizada polo rexedor sobre a posíbel instalación no concello dun almacén de lixo nuclear. O mandatario, que lembraba os 12 millóns de euros que ingresarían as arcas municipais de aceptar a infraestrutura, aproveitaba para insistir no seu enfado pola falta de atención da Deputación de Zamora e da Junta de Castela e León ás demandas de investimento de Peque. Toda vez que a forte oposición veciñal semella ir frear o proxecto, cando menos, o pequeno Concello consegiu ampla difusión para as súas queixas. Para o sábado organízase unha mobilización conxunta para os pobos da comarca.

- 06:39 04/08/2006
Tags:


0/5 (0 votos)