O Breogán Universidade, que realizou un pésimo encontro, foi superado o sábado con absoluta claridade polo que ata o momento era o colista da Liga ACB, o león Caja España (81-69). O conxunto leonés iguala na tabla cos lucenses tras gañar este choque, ambos con tres vicotrias en catorce xornadas.
Os leoneses marcaron claramente as diferencias e mostraron a súa superioridade sobre o seu rival dende os primeiros compases do partido, mentres que o equipo breoganista foi a antítese do que fai só unha semana se lucira frente ó Unicaja.
A famosa consistencia interior dos lucenses veuse abaixo con estrépito, cousa que tamén sucedeu co traballo defensivo, incapaz de opoñer certa resistencia ante o xogo ofensivo dos locais.
O Breogán mostrouse totalmente desorientado en ataque, faceta na que só o acerto de César Sanmartín na primeira parte e de Devin Davis no tramo final do partido salvou ó equipo de Paco García dunha derrota máis contundente.