"Eu presento proxectos e nin o goberno da Junta nin a Deputación me fan caso ningún", laiábase nos micrófonos da Cadena Ser este mércores Rafael Lobato, alcalde do PP no concello de Peque, lembrando que en poucas décadas a poboación do municipio reduciuse a menos da décima parte, con apenas 175 veciños na actualidade. Segundo o rexedor este é o motivo de que decidise solicitar información coa fin de valorar a posibilidade de acoller o chamado Almacén Temporal Centralizado de Lixo Nuclear. O goberno estatal ofrécelle importantes incentivos aos concellos que opten a este cemiterio, coa creación de 300 postos de traballo durante o período de construción da infraestrutura, un cento de empregados posteriormente e un centro tecnolóxico paralelo.