Os populares galegos están dispostos a que Francisco Cacharro, actual presidente da Deputación de Lugo, poida sentar na Cámara Alta en representación do PP no que queda de lexislatura e optar á reelección para o cargo nas próximas eleccións xerais, co que o político lugués estendería a súa presencia na institución moito máis aló de trinta anos consecutivos. Como aspirante a presidir o organismo provincial aparecería así o actual vicepresidente do partido, Xosé Manuel Barreiro, quen ademais iría como número dous da alcaldía de Lugo, atrás de Xaquín García Díez. Mentres, a deputación luguesa volve ser noticia logo de que a Audiencia Provincial resolvese os recursos presentados por varios dos detidos durante a chamada 'Operación Muralla', decidindo que a fiscalía actuou correctamente e que os rexistros realizados na sede da deputación foron completamente legais.