Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DÍA DA PATRIA

Cara ao 25 de xullo: quen non vai á misa queda sen merenda

Chegan as celebracións do Día da Patria e os socios do Goberno van celebrar cada un polo seu lado a data máis importante de Galiza, xa non politicamente senón tamén no plano institucional. Os socialistas devolvéronlle ao BNG a autoexclusión dos actos de ofrenda ao Apóstolo excluíndoos tamén da Véspera, un acto que o presidente da Xunta celebra o 24 ao mediodía convidando a uns canapés na residencia de Monte Pío a representantes da sociedade civil, pero para o que non convidou ningún representante nacionalista. No BNG tampouco sentou nada ben esta exclusión, no que entenden que é un intento de Touriño por "apropiarse" da celebración do 25 de xullo. Así pois, o único acto ao que os dous socios do bipartito asistirán xuntos será o da entrega da Medalla de Galicia á Real Academia Galega, en San Domingos de Bonaval.

  • Anterior: Apóstolo, fraguismo e tirapuxas dos socios de goberno.

- 11:27 24/07/2006
Tags:


0/5 (0 votos)