Aproveitou o coordinador da executiva do BNG, Francisco Jorquera, a recente estratexia do presidente do goberno español durante a visita do Papa Bieito XVI, para laiarse de que o presidente galego "non imite a concepción laica de Zapatero". Logo de cualificaren o evento de "continuación do fraguismo sen Fraga", explicaba así o voceiro nacionalista a decisión do BNG de non enviar representantes ao tradicional acto en Santiago de "ofrenda ao Apóstolo", que na súa opinión é exemplo de "sometemento do poder civil ao poder relixioso". Ao respecto, Emilio Pérez Touriño afirmou que o PsdeG "non contribuirá a facerlle un feo ou un baleiro" a El-Rei, opinando que o acto está asentado "como unha tradición identitaria do país".