Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'A CASA DA MIÑA AVOA'

Estréase por primeira vez un documental galego en salas norteamericanas

Por primeira vez un filme documental de participación galega chega ás salas comerciais dos Estados Unidos. Trátase d'a A casa da miña avoa, dirixido por Adán Aliaga e producido pola empresa coruñesa IB Cinema, que comeza o seu periplo ianqui o vindeiro 28 de xullo no Music Hall de Los Angeles (California), para logo estrearse noutras 27 salas dos Estados de Nova York, Florida, Arizona, Connecticut, Texas, Massachussets, Philadelphia, California... Prosegue así unha traxectoria de premios internacionais que se pode considerar como única na historia do documental feito no Estado.

- 10:07 19/07/2006
Tags:

A película foi premiada no Festival Internacional de Cine de Chicago no 2005, e foi gañadora do premio Joris Ivens do IDFA de Amsterdam e do premio do xurado no Festival Internacional de Miami no 2006. No mes de abril A casa da miña avoa conquistaba o Premio Especial do Xurado no Festival Hot-Docs de Toronto, o premio máis importante de Nortemamerica. Con este premio os productores deciden dar o paso de estrear nos Estados Unidos, e para iso contaron coa axuda do Consorcio Audiovisual de Galicia.

A casa da miña avoa conta a historia de Marina, unha nena de seis anos impulsiva e irreverente, e da súa peculiar relación con Marita, a súa anciá avoa. A rancia educación á que a señora somete á pequena provoca que esta se rebele contra ela e contra calquera que lle queira ditar maneiras. Ao longo de varios anos constrúese a vida dunha familia coas súas emocións e conflitos.


0/5 (0 votos)