Son xa 230 mortos na beira libanesa e 25 do lado israelí, a maioría deles civís. Mentres, a última hora conta de dez novas vítimas despois do lanzamento de máis bombas contra Beirut e cara a outras cidades ao sur e ao leste da capital do Líbano. De paso, chega noticia da primeira entrada por terra de soldados israelís en territorio libanés, malia que o embaixador de Israel na ONU lle aseguroulle á que non se trata dunha operación para "ocupar" o país. Mentres, desde Palestina, o grupo Al Fatá acusaba aos Estados Unidos, a Unión Europea e Rusia de contribuír ao deterioro do proceso de paz na zona e pedían que se convocase unha xuntanza internacional para analizar a situación. E desde Israel, onde as sondaxes indican que a poboación apoia os ataques, a ministra de Exteriores abría fenda na posición marcada polo primeiro ministro e amosábase a prol do despregue dunha forza internacional na zona.