Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
70 CABODANO DO GOLPE MILITAR DO 36

Esquerda Unida volve pedir que se retire a simboloxía fascista

Esquerda Unida-IU tamén aproveitou esta data para reivindicar a memoria da II Républica, "a dos seus principios, e a dos homes e das mulleres que entregaron as súas vidas na defensa da democracia, da igualdade, da liberdade e da xustiza", e particularmente a "aquelas persoas, tanto civís como militares, que foron executadas en toda Galicia polos golpistas nos primeiros tempos da represión por permanecer leais á República". Por iso cren necesario "restaurar a dignidade de todas elas e das súas familias" retirando dunha vez toda a simboloxía fascista das vilas galegas.

- 09:37 18/07/2006
Tags:

"É a hora da retirada dos títulos honoríficos concedidos aos representantes dese réxime dictatorial, como o propio Franco; é a hora da consideración máis sentida e posible por parte das institucións galegas ao réxime democrático da II República e de todas as persoas que fixeron grandes sacrificios persoais, incluso pagando coas súas propias vidas, na defensa do dito réxime frente aos golpistas", conclúe a organización.


0/5 (0 votos)