Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MILLEIROS DE PERSOAS FOXEN DO LÍBANO A TRAVÉS DE SIRIA

Israel rexeita a proposta da ONU para o envío á zona de forzas internacionais de pacificación

O secretario xeral das Nacións Unidas, Kofi Annan, insistiu este luns na posibilidade de que unha "forza de estabilización" sexa enviada á zona en conflicto para afrouxar a tensión entre Israel e o Líbano, iniciativa para a que xa recibiu o apoio do goberno británico. O plan de acción incluiría a chamada á liberación dos soldados israelís capturados polas milicias xiís de Hesbulá e do mesmo xeito a de dirixentes palestinos que permanecen arrestados en cárceres israelís. Ao proxecto opúxese o ministro de Defensa de Israel, Amir Peretz, advertindo que non permitirán a entrada de tropas internacionais na rexión. Ao tempo que fracasan os contactos diplomáticos, intensifícanse os ataques das dúas partes, que causaron xa máis de douscentos mortos civís, a maioría no Líbano. Mentres, chega nova de que máis de cen mil persoas deixaron xa territorio libanés a través da fronteira siria.

- 06:07 18/07/2006
Tags:


0/5 (0 votos)